Skip to Content

Actividades

Obradoiro de creación de monicreques con Ton Arenas

O alumnado de 2º  da ESO asistiu a un obradoiro de monicreques con Ton Arenas, do taller Micromina. Elaboraron multitude de materiais académicos con cartón. Desta maneira, coa profesora de Lingua Galega crearon un teatro de marionetas, co que fixeron escenificacións con bonecos de man deseñados e creados polo propio alumnado. Por tanto, Ton veu ao instituto durante toda unha mañá para ensinarlles aos rapaces e ás rapazas como crealos e eu, durante as vacacións do Entroido, a profesora Belén Mourelle creou o teatriño para as representacións. Aproveitouse para representar contos populares, para vermos o papel das rapazas na tradición oral. Tamén se realizaron vídeos con estes monecos para exposicións de Música de instrumentos tradicionais que foron expostos na Festa do Pan 2024.

 

Obradoiro Identidade dixital e redes sociais

Obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”.

Co obxecto de impulsar a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías desde idades temperás, desenvolveuse no centro o obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”.

A iniciativa, ofertada desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), achegou ao  noso alumando de 4º da ESO o fundamental dunha apropiada xestión da súa identidade dixital.

Desde unha perspectiva eminentemente práctica, o obradoiro ensinoulles a configurar as opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis de actualidade entre o alumnado. Pretende ser unha axuda para que modifiquen o seu comportamento e fagan un uso seguro das súas redes sociais máis habituais.

 

Obra de teatro "Vestido de voda"

O xoves 11 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO foi ao Toñito Espiñeira, ver a obra de teatro "Vestido de voda". A actividade ofrecéunola o Concello de Carral. Da compañía "rimaVane", unha representación dos roles nas relacións amorosas.

 

Lecturas contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de novembro, as alumnas do Club de Lingua e Lectura de 2º da ESO, foron ao Concello ler textos contra a violencia de xénero. Despois, podémolas ver diante do banco que o Concello instalou diante do noso centro en contra deste tipo de violencia.

 

 

OBRADOIRO DE SILVIA PENIDE + CONCERTO DE LETICIA REY DÚO

Achegándose o 25 N, o alumnado do Club Carralingua, realizou un obradoiro de creación de letras de cancións coa cantante Silvia Penide os luns 6 e 13 de novembro. Algunhas desas cancións estráronse no concerto que deu Silvia previo ao que Leticia Rey Dúo interpretou no noso pavillón. Todo grazas á colaboración do Concello de Carral.

 

Obradoiro "Que non te líen, ti elixes!"

Esta semana tivo lugar na biblioteca un obradoiro dirixido ao alumnado de 3º e 4º ESO, enmarcado no programa educativo "Que non te líen, ti elixes", co que se pretende fomentar o rexeitamento de estereotipos de xénero e prexuízos con respecto ás profesións con pouca representación feminina. Neste caso, as relatoras proviñan da industria agroforestal.

 

 

Carreira contra a leucemia infantil Unoentrecienmil

Finalmente, o 31 de outubro celebramos a nosa carreira "Unoentrecienmil" para traballarmos a concienciación do alumnado e a solidariedade cos que padecen enfermidades tan graves como a leucemia infantil. Todo o alumnado participou con interese e motivación.

EXPOSICIÓN DE ACTIVIDADES NO FINAL DE CURSO

E rematamos o curso con unha presentación de algúns dos proxectos e actividades que se fixeron ao longo do ano. 

 

 

Final de curso

GAÑADORES DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OUTONO DO IES DE CARRAL

A seguir ofrecemos a imaxe dos gañadores do I Concurso de Fotografía do Outono. Era unha elección tan difícil que resultaron gañadores 3 alumnos de 2º da ESO: Lara Candal, Dhayala de Lima e Damián Palla Parabéns!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut