Skip to Content

CONVOCATORIA FINAL – EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)

ENTREGA DE BOLETÍNS  NA ESO: LUNS, 26 DE XUÑO, ÁS 11:00, NAS AULAS DE REFERENCIA

PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS OU DA DECISIÓN DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO: MARTES 27 E MÉRCORES 28 DE XUÑO, DE 9:00 A 14:00 HORAS, NO CENTRO.

 

Revisión e reclamación das cualificacións finais ou da decisión de promoción/titulación:

O martes 27 e o mércores 28 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, poderán revisar co profesorado as diversas probas e solicitar as aclaracións que consideren precisas (previa cita telefónica).

No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final ou coa decisión de promoción/titulación adoptada para un/ha alumno/a, a correspondente reclamación presentaranse por escrito no centro (Modelo de reclamación ante o centro) nese mesmo prazo (martes 27 e mércores 28 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas).

Cando a solicitude teña por obxecto a revisión dunha cualificación, esta será tramitada por xefatura de estudos quen a trasladará ao correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

Cando a solicitude teña por obxecto a revisión da decisión de promoción ou titulación adoptada para un/ha alumno/a, xefatura de estudos daralle traslado á persoa titora do/a alumno/a, como responsable da coordinación da sesión final de avaliación en que a decisión foi adoptada, e convocarase ao equipo docente a unha reunión extraordinaria.

Notificación escrita por parte de Xefatura de estudos aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento ou da decisión de promoción/titulación:

Esta levarase a cabo o xoves, 29 de xuño, ás 11:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial: No caso de que tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a súa representación legal, de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o venres, 30 de xuño, e o luns, 3 de xullo, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Modelo de Reclamación ante a Xefatura Territorial).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que adoptará a decisión pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, as súas persoas proxenitoras ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:.

 

Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

 

Instrución 2/2003 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.

 

 

 

 

 

 

AnexoTamaño
Modelo de reclamación ante o centro.pdf61.42 KB
Modelo reclamación ante Xefatura Territorial.pdf61.86 KB


blog | by Dr. Radut