RESERVA DE PRAZA PARA CURSAR BACHARELATO
NO IES DAVID BUJÁN O CURSO 2023/2024
O 16 de xaneiro ábrese o prazo para reservar praza no bacharelato para aqueles alumnos/as que desexen cursalo no IES David Buján de Cambre |
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro |
DOCUMENTACIÓN: modelo ED550A |
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: na secretaría do IES de Carral ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia co seguinte procedemento: 1. Entrar na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 2. Cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Reserva - Crear. Feito iso pódese optar por: a) Imprimir o formulario e presentalo na secretaría do IES de Carral, ou b) Con certificado dixital ou Chave 365 presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación Tamén pode cubrirse o modelo ED550A manualmente e presentalo na administración do instituto (podes descargar aquí o modelo).
|
PUBLICACIÓN DE LISTAXES: 22 de febreiro no taboleiro do IES de Carral |
De ser admitido/a na reserva de prazas farase a matrícula nas datas que corresponda. Cando o número de solicitudes supere ao de prazas, non haberá reserva e terase que presentar solicitude de admisión no periodo xeral do 1 ao 20 de marzo |
Anexo | Tamaño |
---|---|
ED550A.pdf | 1.23 MB |