Skip to Content

PECHE DO CENTRO DURANTE 14 DÍAS

Segundo o comunicado realizado polo presidente da Xunta de Galicia nos medios de comunicación, o centro permanecerá pechado obrigatoriamente para o alumnado a partir do luns 16 de marzo e durante 14 días. De tódalas maneiras, a Xunta de Galicia recomenda que o alumnado non asista ao centro mañán, venres 13 de marzo.

Recoméndase que a partir do luns 16 calquera trámite que deban realizar con este centro se faga a través do teléfono (881460980) ou o correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

Cando recibamos instrucións da Consellería de Educación, seranlles comunicadas a través desta páxina web.



book | by Dr. Radut