Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2024-25

LISTAXES PROVISINAIS FONDO SOLIDARIO 2024/2025.

No taboleiro de anuncios do centro poden consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído no Fondo solidario de libros de texto e axudas para a compra de material escolar para o vindeiro curso.

Se presentaron a solicitude de forma telemática tamén poden consultar a súa información en www.edu.xunta.gal/fondolibros.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días hábiles seguintes ao da publicación destas listaxes.

Instrucións curso 2024 2025

Atendendo a Disposición derradeira segunda da Resolución do 23 de maio de 2024 en relación co curso 2024/2025 sobre a difusión de dita Resolución:

 

"Disposición derradeira segunda.

Difusión

As direccións dos centros docentes que impartan estas ensinanzas arbitrarán as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa."

 

Procedemos a publicar na web a dita Resolución.

Horario e rutas do transporte para a recollida de documentación o venres 28

Haberá 3 rutas de transporte co seguinte horario:

 

SAÍDA: 11:10 Santa María de Vigo - Bailía
            11.30 Cascaxeiras-Ardexurxo

SAÍDA: 11:10 Xalo - Tabeaio
            11:30 A Martela - Coiro

SAÍDA: 11:10 A Cabra - Herves
            11:30 As Cabancas - Chas

 A saída para o regreso para as casas será arredor das 12:45.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/2025.

Poden descargar as instrucións e os impresos de matrícula do curso que corresponda nos arquivos adxuntos. Nas instrucións figura o calendario de matrícula de cada curso.

CALENDARIO FINAL DO CURSO 2023 2024

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025.

Estimadas familias.

Hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2024/2025. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024, este día incluído.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a súa presentación no IES de Carral deben ter en conta os seguintes aspectos:

- É necesario solicitar cita previa no 881960480 ou no correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

- Deben entregar debidamente cuberto e asinado o impreso de solicitude. Pódeno imprimir dende a aplicación Fondolibros ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (impreso ED330B-anexos I e II).

- Lembren entregar a documentación complementaria (non se farán copias no centro).

Nos arquivos que achegamos poden consultar a documentación que deben presentar coa solicitude e toda a información relativa ao procedemento.

 

O 20 DE MAIO É DÍA NON LECTIVO.

Lembrámoslle que o día 20 de maio é día non lectivo neste centro segundo se establece no artigo 7.2 da Orde do 3 de maio de 2023, pola que se aproba o calendario escolar deste curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut