Skip to Content

Taboleiro

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE PFB DURANTE O PECHE DO CENTRO

No seguinte enlace podedes ver as actividades das diferentes materias que debedes realizar durante o período de suspensión das aulas. Estade atentos á páxina web porque se poderán realizar cambios. Moito ánimo e a traballar un pouco cada día!

 

ACTIVIDADES PARA PFB

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS

AVISO SOBRE O TRABALLO DO ALUMNADO DURANTE O PECHE DO CENTRO

Seguindo as directrices da Xunta de Galicia, durante a xornada do luns publicaranse as actividades propostas polo profesorado para que o alumnado continúe o seu proceso formativo nos seus domicilios. Ditas actividades non terán carácter de avaliables.

Prestarase especial atención á titorización do alumnado de 2º de Bacharelato.

Por mor de labores de mantemento e mellora de servizo por parte da consellería, a aula virtual non estará dispoñible o sábado 14 de marzo desde as 9:00 e por un tempo estimado de 12 horas.

No seguinte enlace teñen unha relación do profesorado do noso centro e a forma de contacto para consultar dúbidas.

Segundo recibamos información, iremos comunicándoa na páxina web e mediante o abalarMobil.

Moitas grazas pola súa paciencia e comprensión.

 

CONTACTO DO PROFESORADO DO IES CANIDO

 

 

RESERVA ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS CURSO 2019-2020

ALUMNADO ADMITIDO DE 1º DE ESO PARA O CURSO 2019-2020:

  1. Barja Cernadas, Clara
  2. Domínguez Doce, Ada
  3. Sánchez de Toca Garrote, Diego

 

AVISO PARA O ALUMNADO QUE FORMALIZOU A RESERVA PARA 1º DE BACHARELATO:

Debido á EXISTENCIA de máis solicitudes de reserva que de prazas ofertadas, AS FAMILIAS SOLICITANTES DEBEN PRESENTAR SOLICITUDE DE ADMISIÓN ENTRE O 1 DE MARZO E O 20 DE MARZO. Poderán facelo ben na secretaría do IES Canido, ben a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ben a través da páxina web da Consellería de Educación.

Éxito no IV Certame Literario Carmela Loureiro

 

Desde o IES Canido queremos felicitar á nosa alumna de 4º ESO B Sara Romaní Yáñez, que resultou galardoada na modalidade microrrelatos co Primeiro premio na Categoría C (2º ciclo da ESO) co seu relato "Un enorme río delas". Este premio súmase a outros dous que Sara xa acadara en edicións anteriores.

Cando teñamos máis información, compartirémola coa comunidade educativa.

As nosas alumnas nunha tarde no muíño

As nosas alumnas de bacharelato Carla, Cristina e Verónica participaron onte no programa de Radio Filispín Unha tarde no Muíño, dirixido por César Pita.

 

Deixámosvos a ligazón ao podcast:

Unha tarde no Muíño 4

 

Se só queredes oír ás nosas locutoras, ide directamente ao minuto 40:40.

Distribuir contido


by Dr. Radut