Skip to Content

Taboleiro

Publicación dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal curso 2022-2023

 

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.

Información sobre os premios

 

 

Libros de Texto curso 2023/24

Libros de texto IES CANIDO curso 2023/24

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

Certame Museo do Humor

A alumna de 1º ESO do noso centro, Salma García Castro gañou o 2º premio de Certame convocado polo Museo de Humor Xaquín Marín (Concello de Fene) e Demo Editorial co traballo presentado con título "A galiña"

O xurado valorou a capacidade de síntese da autora, o uso de humor a través do xogo de palabras e o uso da cor e da metalinguaxe do cómic.

Parabéns

Campamento tecnolóxico

Campus tecnoloxicoO Campus Industrial de Ferrol acollerá unha nova edición do campamento tecnolóxico para alumnas e alumnnos ata 16 anos.

Mais información en:

FUAC. Formación. Campamento tecnológico de verano (udc.es)  https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=1695

 

Axudas alumnado NEAE

O 26 de abril publicouse no BOE a resolución do 20 de abril pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 23-24.

O prazo extenderase do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Pódese consultar o extracto da resolución no enlace.

As solicitudes cumplimentaranse na dirección ou a través da sede electronica.

Distribuir contido


by Dr. Radut