Skip to Content

A APA do centro puxo en marcha este curso unha iniciativa que beneficiou a uns 180 alumnos

A Voz de Galicia. Sábado 12 de novembro do 2011

Pais do IES Canido afórranse case 13.000 euros co préstamo de libros

Clika na imaxe para ler mais.


PIZARRA DIXITAL CO MANDO DA WII

Neste vídeo poderedes ver como traballa a pizarra dixital da aula de plástica. Para elo o profesor de Artes Plásticas, José Luis González Alonso, tan só necesita dun pincel ao que vai pegado un led, un mando da wii situado enriba do cañón proxector e un software de debuxo. Pensamos que é un excelente traballo e con poucos recursos.


Espazo ABALAR

A través deste espazo, os pais e nais poden realizar o seguimento académico en liña dos seus fillos/as e comunicarse cos titores/as dos mesmos. A partir de agora, os responsables dos nenos/as matriculados nos centros Abalar, poderán realizar diferentes accións, tales como a consulta das faltas de asistencia e as incidencias dos seus fillos/as, xustificar as ausencias ou solicitar citas de titoría, entre outras.

  • Os docentes, os pais e as nais poderán coñecer todas as funcionalidades dispoñibles no espazo Familias e no espazo Profesores e aprender a navegar polas diferentes pantallas que compoñen ambas aplicacións, por medio da Guía rápida para familias e da Guía para profesores.

Distribuir contido


by Dr. Radut