Skip to Content

EXPOSICIÓN GALEGOS EN MAUTHAUSEN

Galegos en Mauthausen

A mostra “Galegos en Mauthausen”, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática e o  historiador Enrique Barrera chega ó IES Canido.

A exposición permanecerá aberta desde o luns 18 de marzo ata o vindeiro 8 de abril no salón de actos do centro. As familias poden visitala en horario de tarde, de luns a xoves entre as 17 e as 18:30 horas.

Tanto a exposición como o libro “Galegos en Mauthausen” xurdiu en 2011 dunha iniciativa das asociacións  ferrolás Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán para render homenaxe aos veciños das bisbarras de  Ferrolterra, Eume e Ortegal que padeceron prisión nos campos nazis de exterminio.

 

Festival de Entroido 2013 no IES Canido

Charla de Cesar Toimil sobre "CHERNOBIL"

Exposición Cesar Toimil

O pasado mércores 6 de marzo as 12:10 horas,  Cesar Toimil, fotógrafo da Voz de Galicia, deu unha charla no salón de actos do centro para os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, sobre o desastre de Chernobil, a través da súa exposición "PROHIBIDA LA APERTURA FORZADA DE LA PUERTA"

O próximo 26 de Abril cumpriranse 27 anos da explosión do reactor 4 na Central Nuclear de Ucraniana V.I.Lenin, impregnando de radioactividade a cidade de Pripyat situada a 2 km.

grazas Cesar.

 


Os alumnos de 3º da ESO visitaron o pasado venres o Parque eólico experimental de Sotavento

visita a Sotavento 2013

 

Os departamento de Tecnoloxía e Ciencias da Natureza, organizan unha saída didáctica o Parque Eólico Experimental de Sotavento para os alumnos de 3º da ESO do IES Canido.

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut