Skip to Content

II Torneo de xadrez rápido IES Canido 2024

Finalizado o II torneo de xadrez rápido IES Canido coa participación de 37 membros da comunidade educativa do centro. Proclamouse campión, por segundo ano consecutivo, Pablo Rodríguez de 2º de Bacharelato, Aday Neira de 4º da ESO foi o subcampión, Maikel Hernández, do departamento de matemáticas, no terceiro posto e Iker Marcial de 1º de Bacharelato no cuarto lugar.

Os finalistas recibiron como premio o libro “Curso completo de xadrez” do Gran Mestre e 8 veces campión de España Miguel Illescas, con dedicatoria do autor aos premiados. Parabén aos participantes e en especial aos finalistas.



blog | by Dr. Radut