Skip to Content

Celebración do 1º Magostín do IES Canido

O pasado venres día 10 de novembro celebramos no IES o Magostín ( magosto e samaín de xeito conxunto). O alumnado de 4º da ESO cociñou en vendeu bocatas de chourizo e castañas, fixeron maquillaxes terroríficas ó resto do alumnado e organizaron coordinados polo departamento de educación física unha ampla variedade de xogos populares. Houbo música tradicional, a cargo do departamento de música e bailes tradicionais...finalizamos a xornada con música máis actual, maquillaxes terroríficas e disfraces. Rematamos con dúas entregas de premios: relato breve e portas terroríficas. Un fin de venres ben completiño. Grazas a todos os colaboradores polas vosas aportacións! 



blog | by Dr. Radut