Prestige 2012. Décimo aniversario dunha catástrofe
CADEA HUMANA DEZ ANOS DESPOIS
Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 19:46
O xoves 20 de decembro de 2012 unha cadea humana no patio do instituto lembraba a realizada o 22 de xaneiro de 2003 na Costa da Morte como resposta á catástrofe do Prestige. A nova na prensa: Esta acción simbólica arredor do acontecido, pero sobre todo do que nunca máis debera acontecer, estivo acompañado da lectura dun manifesto. |
||
MANIFESTO |
||
CONFERENCIA: LOITA CONTRA A MAREA NEGRA
Enviado por Anónimo o Ven, 14/12/2012 - 14:05
O vindeiro Mércores 19 de decembro terá lugar unha conferencia de Emilio Louro, secretario da Confraría de Lira, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ás 10:25 na aula de usos múltiples sobre a Loita contra a Marea Negra.
|
|
Logo de compartir xenerosamente con nós experiencias e coñecementos, e sobre todo logo dunha importante lección de dignidade, Emilio Louro recomendou o visionado do documental "Historias del chapapote"; así que decidimos insertalo aquí para maior comodidade.
|
Historias del Chapapote (DOC/35'/ES/PAL 4:3) from elegantmob on Vimeo.
NUNCA MÁIS MAREAS NEGRAS!
Enviado por admin o Xov, 06/12/2012 - 23:55
10 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE
Hai agora 10 anos o Prestige verquía a súa velenosa carga provocando unha marea negra que asolou as nosas costas. Centos de miles de persoas se mobilizaron entón para: -Impedir que a marea entrara nas rías, paraíso de biodiversidade e riqueza, ecosistemas en delicado equilibrio que serían destruídos se non fora polos mariñeiros. -Limpar as praias e coídos, como fixeron as e os voluntarios chegados de todos os lugares do mundo. -Crear conciencia cidadá sobre a necesidade de protexer e coidar o mar, chamar a atención sobre as nefastas consecuencias dun sistema enerxético baseado no consumo de petróleo e manifestar publicamente o rexeitamento a que barcos nas condicións nas que estaba o Prestige (sen dobre casco, con bandeira de conveniencia, cunha tripulación pouco avezada e con múltiples avarías no seu historial) seguiran navegando polos nosos mares. O feito de que ao cabo de 10 anos sigamos consumindo petróleo desaforadamente e de que barcos como o Prestige sigan trasladando duns países a outros a súa carga mortal, fai necesario traer á memoria o que ocorreu... para que NUNCA MÁIS volvamos ter mareas negras! Con esta idea, no IES de Brión pretendemos traballar nas aulas e desenvolver unha serie de actividades ao longo do curso, comezamos montando unha exposición que vos invitamos a ver e que esperamos que siga medrando coas vosas achegas. |
O PRESTIGE NA REDE
Enviado por admin o Mar, 20/11/2012 - 23:35A imaxe que deu a volta ao mundo |
Fotografía: Xurxo Lobato |
As fotografías tomadas polo fotógrafo Xurxo Lobato o 19 de novembro de 2002 no momento do afundimento do Prestige, formaron parte dende o primeiro momento do repertorio iconográfico da Plataforma Nunca Máis, e pertencen, dez anos despois, á memoria colectiva do noso país. |
Outro Prestige é posible | ||
A organización ecoloxísta Greenpeace publicou un informe titulado "Otro Prestige es posible" no que se tratan en profundidade diferentes cuestións sobre a catástrofe do Prestige, logo xa de dez anos; as súas consecuencias, a súa xestión, a inexistencia de medidas para que non se repita, e sobre todo no que se plantexa que hai alternativas ao uso do petroleo, xa que este é a orixe do problema. |
||
|
||
Miguel Pardo presenta este informe no seu artigo "Só é cuestión de tempo que ocorra outro Prestige", publicado no xornal dixital Praza Pública. |
Fotogalería no xornal El País | ||
Preme na imaxe para acceder á galería
Fotografía: Miguel Vidal (REUTERS). Voluntarios en Ons, Parque Nacional das Illas Atlanticas.
|
Fotogalería no xornal La Vanguardia |
||
Fotografía: X. Rey. Voluntarios en Muxía. | ||
Preme na imaxe para acceder á galería. |
Especial Prestige no xornal La Voz de Galicia |
||
O xornal La Voz de Galicia adica na súa edición dixital unha sección especial á catástrofe do Prestige. O especial inclúe unha cronoloxía dos acontecementos máis relevantes a través de novas publicadas no propio xornal e varias fotogalerías. Na sección temas inclúe tamen o especial "Aniversario Prestige", con novas relativas á catástrofe, e en especial ao xuizo que está tendo lugar dende o pasado 16 de outubro. |
Dez anos do Prestige no xornal Praza Pública |
||||||
Especial "Dez anos do Prestige" no xornal dixital Praza Pública. Novas e artigos de opinión sobre o tema. |
||||||
Plataforma Nunca Máis | ||
"A Plataforma Nunca Máis foi creada o 21 de novembro, poucos días despois do afundimento do Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou desde entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables." "En Nunca Máis está representada a sociedade civil galega a través de máis de 200 asociacións e colectivos de diverso tipo: confrarías de mariñeiros, asociacións culturais, políticas, ecoloxistas, veciñais, sindicais, productores e comercializadores de peixe, etc. A Galiza emerxente reaccionou masivamente ante a catástrofe e creou esta plataforma para esixir responsabilidades políticas tanto ao goberno autonómico como ao estatal e, por suposto, á Unión Europea." |
||
|
||
Burla negra |
Cuspindo a barlovento | ||
Producida polo Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, Cuspindo a barlovento reune unha serie de fotografías do fotógrafo Manuel Sendón sobre a catástrofe do Prestige. Así comeza o texto que o músico Xurxo Souto escribe para esta exposición: "Sabemos que home non pode competir coa natureza en beleza. Nesta Fisterra desgraciadamente, descubrimos que pode superala en capacidade de destrución." |
Infografías animadas |
||
A revista on line Waste publicou unhas infografías sobre o afundimento do prestige, as diferentes solucións aportadas, o batiscafo Nautile, as barreiras anticontaminación e a traxectoria da marea negra. | ||
Animación das características do Prestige e evolución da deriva ata o seu afundimento, publicada por El País a partir das seguintes fontes: Salvamento Marítimo, Instituto Nacional de Metereología, WWF/ Adena e a Delegación do goberno en Galicia. |
Animación publicada por El mundo sobre solucións plantexadas para o fuel sumerxido. |
|
|
||
Impacto da marea negra sobre as aves mariñas | ||
"A partir do momento no que se afundiu o Prestige, SEO/BirdLife creóu un equipo de coordinación, unha oficina de emerxencia, un operativo de recollida de aves nas praias, elaborou e distribuíu protocolos de manexo de aves e análises post-mortem, creou un centro de rescate en Cantabria, ademais de analizar e evaluar os datos do impacto e coordinarse coas administración públicas e demais organizacións conservacionistas.
|
Marea blanca. Un documental de Isabel Coixet |
Documental da realizadora Isabel Coixet sobre os voluntarios e voluntarias que colaboraron nas tarefas de limpeza. Producido no marco do proxecto Save the beach. |
Parando a marea negra | ||
Banda deseñada sobre o impacto ecolóxico da marea negra provocada polo afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas galegas. Nº3 da Colección "Ciencia para todos" da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega. |
||
Preme na imaxe para descargar o pdf |
A balea negra |
||
A balea negra é un proxecto expositivo comisariado por Pedro de Llano para o MARCO de Vigo.
Así se presenta o proxecto na web do museo: "A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra." |
Man de Camelle no blog La bitácora de Humboldt | ||
"Las dos vidas y tres muertes de Man de Camelle" no blog "La bitácora de Humboldt". |