Normalización Lingüística

REPRESENTACIÓN TEATRAL

Alumnos/as de 1º e 3º de ESO, baixo a dirección da profesora de pedagoxía terapéutica, actriz e pintora  Beatriz Graña, representaron na sala de usos múltiples do IES de Brión a obra de Manuel María " a farsa de bulubú " para os alumnos/as de 1º de ESO con grande éxito de crítica e público.

Con esta representación rematamos as actividades relacionadas coas letras galegas 2016 adicadas a Manuel María.

LETRAS GALEGAS 2016

Actividades programadas para celebrar a semana das Letras Galegas adicada este ano a Manuel María.

- Puxémoslle nomes de persoeiros da cultura galega a algunhas aulas e salas do IES de Brión.

-Exposición na entrada do centro sobre a vida e obra de Manuel María.

-Música e baile tradicional galego organizado pola profesora Carmen García.

-Entrevista en RADIO emBRIÓN a Emilio del Rio, médico comprometido có idioma galego.

-Participación no festival organizado polo CEIP de Pedrouzos na carballeira de Sta Minia con música, baile e poesía.

-Charla-coloquio por Darío Xohán Cabana sobre M María para alumnado de Bacharelato no Centro S. Polivalente.

-Recital dramatizado con Serafín Marco sobre M María para 1º ciclo de Secundaria no Centro S. Polivalente.

-Fantoches Baj presenta " o asombro con M María " para 2º ciclo de Secundaria no Centro S. Polivalente.

VIDEOCONFERENCIA SOBRE A CIENCIA EN GALEGO

A coordinadora galega de ENDL convidóunos a participar na videoconferencia que completa a celebración do VI día da ciencia en galego. Foi o martes 26 de abril có título " Arpa Leap Motion " e a relatora é Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora.

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Có gallo do 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro celebramos o día de Rosalía con actividades nas clases de Lingua Galega e un recital de poemas en RADIO emBRIÓN.

Esta ilustre escritora naceu no antigo Camiño Novo, agora Rosalía de Castro, na vía de entrada á cidade de Santiago dende Pontevedra. Filla natural do sacerdote Xosé Martínez Viojo e María Teresa de la Cruz Castro y Abadía, fidalga solteira de poucos recursos.

OUTRO PREMIO EN ROBÓTICA PARA O IES DE BRIÓN

6ooO alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato obtivo o primeiro premio no concurso "Sensores para todos" organizado por Igaciencia en colaboración coa S. X. de Política Lingüística.

O traballo presentado é un sensor localizador de zonas escuras que combina unha pequena cámara, unha placa Arduino, unha Raspberry Pi, e diversos compoñentes electrónicos; todo montado sobre unha estrutura traccionada con motores de continua.

O alumnado participante ideou, deseñou, construiu e programou o robot no contexto dun proxecto interdisciplinar, no que destaca, á marxe da gran calidade do resultado final, o nivel de implicación e iniciativa persoal e o interese por ampliar coñecementos.

O alumando de 4º ESO que cursa Tecnoloxía, recibiu neste mesmo certame unha mención especial ao conxunto dos seus traballos.

As propostas presentadas regulan o comportamento de sensores e actuadores mediante o uso dunha placa Arduino e diversos programas escritos polo propio alumnado.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado 15 de decembro os alumnos/as de 2º de ESO visitaron o Parlamento de Galicia onde puideron aprender as funcións, a historia, ver as distintas estancias, os locais dos grupos parlamentarios e para rematar estiveron no salón de plenos. A visita foi organizada polo departamento de Filosofía e o equipo de Dinamización Linguística.

MORREU O ESCRITOR E TEÓLOGO XOSÉ CHAO REGO

Xosé Chao Rego, natural de Vilalba ,irmán do xornalista Ramón Chao e tío do cantante Manu Chao morreu o 29 de Novembro en Santiago.Estudou Filosofía en Salamanca e Madrid e Teoloxía en Roma .Ordenóuse sacerdote en 1956.Publicou decenas de obras relacionados con asuntos culturais e sociais e tamén foi un dos impulsores da revista Irimia e Encrucillada de pensamento cristián. Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

MORRE NEIRA VILAS

O escritor faleceu o 27 de novembro. O seu corpo velarase no Panteón de Galegos Ilustres e celebraráse unha cerimonia de despedida na Igrexa de Santiago de Gres,onde descansará canda a súa muller,Anisia Miranda..Tiña 87 anos.

É autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego. Foi un traballador incansable a prol da cultura e a lingua galega, tanto no exilio como de volta a Galicia.

VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Departamento de Bioloxía e TIC organizan a Videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Ciencias.

A videoconferencia tivo lugar o mércores 4 de novembro de 12:30 a 13:30 h. na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do VI día da Ciencia en Galego.

VI Día da Ciencia en Galego

Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. 

Proxecto de Dinamización da Lingua Galega do curso 2015-2016

En construción

Distribuir contido