Orientación
"Un paso un dereito". Obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade
Enviado por Anónimo o Mar, 26/02/2019 - 20:41Durante os días 25 e 26 de febreiro o alumnado de 2º de ESO participou na hora de titoría nun obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Está actividade foi impartida por membros da Asociación AMIPA, que con dinámicas vivenciais explicaron as dificultades coas que se atopan no día a día as persoas que teñen algún tipo de discapacidade.
A UNIVERSIDADE: CALENDARIO PROBAS ABAU 2018
Enviado por Anónimo o Mér, 17/01/2018 - 11:40PREVISIÓN DAS DATAS DE PROBAS ABAU PARA ESTE CURSO ACADÉMICO
VER información na ligazón DA CIUGA
A Formación profesional. Orientate!
Enviado por Anónimo o Mér, 17/01/2018 - 11:33A formación profesional unha saída interesante para aqueles e aquelas que desexen formarse e inco
rporarse rápidamente o mundo laboral con garantias de competencia profesional nun amplo abano de ambitos profesional e en diferentes graos de nivel de cualificación
Pincha nas ligazóns e informate!! Departamento de orientación
orientaline
Enviado por Anónimo o Mér, 17/01/2018 - 10:01Programa interactivo para a orientación do alumnado 2017-18, consultao e informate!! Departamento orientación
Carlos Callón, activista polos dereitos das persoas LGTBI
Enviado por Anónimo o Lun, 22/05/2017 - 11:08Hai uns días tivemos a sorte de contar en RadioEmbrión con Carlos Callón, escritor, profesor e activista galego tal e como el mesmo se define. Nesta ocasión reflexionou cun marabilloso grupo de alumnas sobre a situación das persoas LGTBI no ensino público galego. A discriminación -evidente ou soterrada- que aínda existe, os prexuízos cara o alumnado e o profesorado non heterosexual, os avances acadados nos últimos anos...Inés, Alba, Clara, Cristina e Andrea preguntaron e fixeron reflexións interesantísimas con Carlos, e creo que todas quedamos coa sensación de que o programa (que podedes escoitar aquí) fíxose curto e teriamos falado e preguntado moitísimo máis!
Ademais deste programa organizado directamente polo departamento de orientación, gravouse outro igual de interesante dende o Equipo de Normalización Lingüística. Foi tan apaixoante a conversa con Carlos sobre a nosa lingua que a gravación quedou moi longa e houbo que cortala en dúas partes para subila á web. Aquí tedes a primeira entrega. E, de novo, é un orgullo contar con alumnas como Alba, Leda e Laura, que participan na entrevista.
Moitísimas grazas a Carlos e a estes dous EQUIPAZOS de alumnas <3
Sesión informativa ABAU 2017
Enviado por Anónimo o Mar, 25/04/2017 - 12:10Aquí tedes a presentación que se utilizou na sesión informativa para 2º de bacharelato do 25 de abril. Lembrade, porén, que a información oficial é a que se atopa publicada na web da Comisión Interuniversitaria de Galicia.
Para calquera dúbida, o horario de atención ao alumnado da orientadora é en todos os recreos. Para as familias pregamos que solicitedes cita.
Orientación Académica e Profesional: Grao en Dereito
Enviado por Anónimo o Mar, 04/04/2017 - 10:58Unha nova entrega na nosa serie de programas en colaboración con Radio emBRIÓN sobre distintas titulacións. Neste caso, a avogada Sara Duro Santos contounos a súa experiencia como estudante de Dereito na USC e como avogada laboralista. Os programas de intercambio entre universidades, os estudos de Master e Posgrao, as distintas especialidades dentro do mundo do dereito...unha longa e interesante charla que tedes aquí, para non perdela!
Orientación Académica e Profesional: Grao en Administración e Dirección de Empresas
Enviado por Anónimo o Mar, 04/04/2017 - 10:48A antiga alumna do noso centro Eva Villar estivo con nós para falarnos da súa carreira académica e profesional no campo da Administración de Empresas. Aquí tedes o enlace para escoitala, foi unha charla do máis interesante. Moitas grazas a Eva e ás alumnas e alumnos que a entrevistaron.
Orientación Académica e Profesional: Grao en Xornalismo
Enviado por Anónimo o Lun, 06/02/2017 - 12:56Seguimos coa nosa serie de programas sobre distintas titulacións en colaboración con Radio emBrión. Nesta ocasión o xornalista da CRTVG Ángel Suanzes acompañounos para darnos a súa particular visión sobre a carreira e a profesión. Grazas coma sempre ao alumnado que nos acompañou na entrevista, e grazas tamén a Ángel por visitar o noso IES.
Aquí tedes o enlace ao programa.
Orientación Académica e Profesional: O Ciclo Formativo de Grao Superior "Son Para Audiovisuais e Espectáculos"
Enviado por Anónimo o Lun, 16/01/2017 - 13:54Con este programa comezamos un pequeno proxecto de colaboración de Radio emBrión -co profesor Agustín á fronte- e o Departamento de Orientación, para achegarvos testimonios de primeira man de persoas que cursaron diversas titulacións tanto de FP como universitarias.
Comezamos esta semana co Ciclo Formativo de Grao Superior "Son para audiovisuais e espectáculos". Manuel Duro Santos veu á radio a contarnos a súa experiencia, tanto no propio ciclo como posteriormente. Entrevistárono Alba Suárez e Ángel Miranda, que cursan a materia de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato. Agracdecémoslles aos tres a súa presenza, e tamén ao profesor Xabier Lorenzo a súa colaboración na preparación da entrevista.
Aquí tedes o enlace para escoitar o programa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »