LENDA DA CAPELA DE SAN CLEMENTE

No monte do Rubial nun lugar alto e bonito o pé dun regueiro existía unha capela onde había un santo, San Clemente. Moi próximo, a un lado, está o Coto dos Mozos ea outro o Coto Luceso.

Conta a lenda que cando chegaban os meses de seca e as xentes do campo cando necesitaban auga ían a capela e xiraban ao santo cara ao sur de forma que empezara a chover, cando ía moi mal tempo a xente xiraba ao santo cara ao norte para que o tempo cambiase para mellor.

Co pasa do tempo a capela desapareceu, arruinouse, pero o santo aguantou uns anos máis ata que o roubaron, a lenda di que foron os do Museo do Pobo Galego.

Nome e apelidos do informante: Rosa Romero Cobas.

Idade: 78 anos

Enderezo: Vilas, Bastavales, Brión

Nome e apelidos de quen recolle a información: Cristina Lamas Nieto

Enderezo: Vilas, Bastavales, Brión