LENDA DA LEIRA DE BEMIL

Conta a historia que un veciño de Bemil tiña moitos netos e din que cando morreu seguía movendo as lindes das leiras igual que facía de vivo. El dicía que tiña demasiados netos e non lle chegaban as terras para repartir. A súa pantasma seguiu facendo o mesmo.

Nome da informante: Josefa Juncal Romero.

Idade da informante: 70 anos.

Enderezo da informante: Bemil, Bastavales, Brión.

Nome do que recolle a lenda: Antón Freire Fontenla.

Idade do que recolle a lenda: 12 anos.

Enderezo do que recolle a lenda: Bemil, Bastavales, Brión.