LENDA DO POZO DE BEMIL

Conta a lenda, que unha muller de Bemil desapareceu da casa durante varios días. Apareceu xunta un pozo no monte medio tola e morta de medo, cos dentes tan apertados que só lograron abrilos meténdolle unha culler.A familia esqueceu a misa que lle ofreceran á Virxe do Carme se aparecía. Aos poucos días a muller faleceu.Ao cabo dun tempo correu o rumor de que á xente que pasaba preto do pozo se lles aparecía a pantasma da señora. O sancristán e mailo cura foron falar coa pantasma. Preguntáronlle que tiñan que facer para que fose descansar en paz, e ela contestoulles que lle tiñan que facer a misa que esqueceran.A familia pagou a misa e disque a pantasma nunca máis volveu aparecer.

Nome da informante: Josefa Juncal Romero.

Idade da informante: 70 anos.

Enderezo da informante: Bemil, Bastavales, Brión.

Nome do que recolle a lenda: Antón Freire Fontenla.

Idade do que recolle a lenda: 12 anos.

Enderezo do que recolle a lenda: Bemil, Bastavales, Brión.