LENDA DO CONDE DE ALTAMIRA

LENDA DO CONDE DE ALTAMIRA

Decíase que o conde de Altamira tiña os dominios das terras de Santiago e que tiña á xente sometida. Obrigáballes a traballar para el con carro e vacas sen lles pagar nada por dito traballo. Tamén tiñan que pagar impostos moi altos e cando alguén morría, a familia deste debían entregarlle ao conde o mellor que tiñan. Incluso dicíase que tiña dereito de pernada que consistía en que cada muller que se casaba estaba obrigada a durmir co conde as tres primeiras noites do seu casamento.

Dise tamén, que nunha das súas viaxes a Galicia, os reis Católicos recibiron moitas queixas dos veciños e por iso obrigárono a ir con eles a Castela ou senón sería castigado coa pena de morte.

Moitos anos despois, cando regresou, estaba moi reformado e xa non era tan malo.

Nome do informante: Filomena Fraga Rey

Idade: 81 anos

Enderezo: Calo de Agrón, Ames

Recolle a información: Mar Nieto Sánchez

Enderezo: Calo de Agrón, Ames