ESTARCIDO CONTRA O MASACRE DO POBO EN PALESTINA
Enviado por Xabier Lorenzo ... o Ven, 26/04/2024 - 17:28
Alumnado de Deseño (2º Bach) participou na actividade "Estarcido contra o masacre do pobo en Palestina" reproducindo a obra do artísta palestino Khaled Hourani titulada "Atlas Subxectivo de Palestina".
Como xa avanza o título da actividade, a técnica empregada foi o estarcido con spray sobre parede. A secuencia de traballo foi a seguinte:
- Separación das diferentes cores da imaxe a partir dunha fotografía da obra orixinal.
- Vectorizado do contorno das diferentes masas de cor.
- Creación das máscaras de reserva en fieltro coa cortadora laser.
- Aplicación das diferentes capas de cor empregando spray sobre as máscaras adheridas á parede.
O alumnado participante nesta acividade quere así, unha vez máis, amosar a súa solidariedade co pobo palestino e deixar pegada do seu compromiso.