VISITA AO CIMUS
Enviado por Dirección o Sáb, 20/04/2024 - 18:42
O pasado 10 de Abril o grupo de StemBach de 1º BAC visitou o CIMUS. Foron recibidos polo persoal de Medicina Xenómica e durante a visita tiveron a sorte de poder acceder e ver o que estaban investigando os seguintes grupos de traballo:
- Unidade de modelos de enfermidades e terapias avanzadas coordinado pola Dra. Catarina Allegue, ónde lle amosaron como se usaba a metodoloxía CRISPR sobre células nai para xerar modelos de enfermidades sobre os que probar terapias.
- Equipo de investigación en neurociencia cognitiva, coa Dra. María Tubío, neste grupo puideron observar como se integraba o traballo de psicólogas dentro da investigación biomédica e as liñas de investigación abertas no grupo, nas que está moi involucrada a perspectiva de xénero.
- Grupo de Farmacoxenética, coa Dra. Olalla Maroñas: viron o que era a farmacoxenética e fixeron un experimento para diferenciar visualmente os tipos de metabolizadores que existen.