MATRICULA CURSO 2023_24
O período de matrícula para o curso 2023-24 abrangue dende o 23 de xuño ao 7 de xullo, en horario de 08:30 ás 13:30. Deberá matricularse todo o alumnado posto que este ano non hai convocatoria en setembro.
- Día 23 e 26 de xuño: alumnado 1º ESO
- Día 27 e 28 de xuño: alumnado 4º ESO
- Día 29 de xuño e 30 de xuño: alumnado 1º BAC E 2º BAC
- Día 3, 4 e 5 de xullo: alumnado 3º ESO E 2º ESO
Os restantes días ata o 7 de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.
AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.
AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.
IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES: