PARTICIPACIÓN DE TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA NO PROXECTO "A CAIXA SOSTIBLE"
Enviado por luz o Dom, 04/06/2023 - 18:58
O grupo de Tecnoloxía e Enxeñaría I de 1º de bacharelato participou no proxecto "A caixa sostible" da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. O alumnado traballou nas actividades de eficiencia enerxética e pegada de carbono no estudo dos bloques temáticos de Tecnoloxías sostibles e Proxectos de investigación presentando os resultados acadados no seguinte póster que poderás descargar premendo na imaxe.