O CORE DAS TIC
O alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou o pasado 25 de abril na actividade O Core das TIC, proposta desenvolvida por Coremain e impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dentro do Plan DigiTalent (Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia).
A proposta, que presenta o obxectivo de incentivar as vocacións STEM (Science, Tecnology, Engineering, Mathematics) entre o alumnado, permitiulles vivir en primeira persoa o día a día dunha compañía TIC, coñecendo a organización e metodoloxías de traballo e experimentar de maneira práctica as labores tecnolóxicas. Durante a mañá o alumnado tivo a oportunidade de empregar algunha das tecnoloxías que aplica o equipo técnico executando unha demo de automatización e de coñecer a linguaxe de programación dun proxecto para dotar de intelixencia a robots con membros do equipo I+D do proxecto.
|
Accede á nova en:
Código cero: Coremain mostra á rapazada como se traballa nunha empresa TIC
Coremain: Recibimos aos primeiros participantes en "O Core das TIC"