VISITA DE 1º ESO B AO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE A BARCIA

Os alumnos de 1º ESO B visitaron o día 26 de Abril o centro de educación especial de A Barcia acompañados polo seu titor e pola orientadora do noso centro.
Dentro do traballo de " aprender a diversidade " feito na titoría e na asignatura de Proxecto Interdisciplinar buscamos coñecer outras realidades, outras experiencias que nos enriquezan e nos axuden a medrar como persoas.

Xogamos un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ámbos centros, foi moi divertido. Fixemos xogos e compartimos uns bocadillos. No salón de actos presenciamos un par de actuacións que os anfitrións prepararon con moita ilusión. Para rematar coñecimos as instalacións do centro.

Os compañeiros de A Barcia fixeron esta montaxe que nos amosa como foi este día tan especial, esperamos que vos guste.