Eventos |
De 11:40 a 12:15, dentro do recinto do centro, desenvolverase unha marcha a pé (1 Km) contra a violencia de xénero, no que participará todo o alumnado da ESO (agás aqueles que teñan algún exame programado para esa hora).
Como remate da campaña de actividades desenvoltas ao redor do Correlingua 2020, no IES de Becerreá terá lugar o 21 de decembro a última destas actividades cun acto que será presentado polo actor Anxo Manoel Lamelo (do grupo Lucecús Teatro) e no que actuará o grupo musical Biribirlocke. O acontecemento será retransmitido en directo a través de Youtube, tanto para os centros educativos como para calquera persoa que teña interese na actividade, utilizando o seguinte enlace: https://youtu.be/dvW635Hx8dY. Pechará esta campaña do Correlingua 2020 a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro. O acto comezará ás 10:30 no salón de actos, contando coa participación directa do alumnado de 1º de Bac, non podendo facerse extensible a tod@s por mor da situación de emerxencia sanitaria.
O alumnado de Bioloxía e xeoloxía 4º da ESO visita á vila de Becerreá o martes 22 para realizar unha análise dos principais tipos de rochas empregadas nas construcións tradicionais da vila de Becerreá.
Desenvolto polo alumnado de Afondamento de Lingua Galega de 1º de Bac, que visitarán as aulas da ESO a partir das 13:40.