Eventos |
Ás 10:00 para BAC, ás 12:00 para 1º, 2º e 3º da ESO.
Durante a tarde do mércores 13.
Acuden á representación da obra de teatro "Golpes", con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, que organiza o Concello de Becerreá e se representa na Casa da Cultura. Tras a representación haberá un debate entre os asistentes.
Os dous grupos acuden aos cines Codex para ver o filme de Oliver Laxe, con quen probablemente terán un encontro no noso centro na próxima primavera.
Pola mañá, un grupo de alumnas de 2º, 4º e 1º de BAC acudirán á casa da cultura para representar, diante dos veciños e veciñas e alumnado de Primaria, a obra "Bruxas ou Meigas", acto no que ademais lerán o manifesto sobre esta xornada. Este alumnado desprazarase ás 10:50 á Casa da Cultura e son: Zaira e Elba (2º ESO), Ainhoa e Alba (4º ESO) e Tamara, Marcela, José Antonio e Uxía (1º BAC).
No instituto, ás 15:40, lerase o manifesto e alumnado e professorado do centro levarán a cabo unha pequena intervención para interpretar unha canción de denuncia sobre a violencia de xénero, "Saír correndo". A continuación, o alumnado acudirá a clase con normalidade.
Alumnado deste curso particapará nesta proba, dentro do programa deportivo en idade escolar "Xogade", que se desenvolverá na localidade de Portomarín, durante a mañá do domingo 1 de Decembro.