Eventos |
O alumnado de 1º da ESO visita a aula de interpretación da natureza do Courel, incluíndo unha visita a un espazo natural, durante toda a xornada escolar.
Nesta xornada, o alumnado de 4º da ESO realizará unha marcha sendeirista por un tramo da Vía Romana XIX para realizar un traballo de campo, actividade que se desenvolve dentro do proxecto interdisciplinar que se está a realizar no noso centro sobre esta antiga vía de comunicación.
Concerto de fin de curso ofrecido polo alumnado de Música, na xornada da tarde.
Cerimonia de entrega dos galardóns da 5ª edición do premio, ao "Colectivo Patrimonio dos Ancares" a ao artesán "Fuco".
Unha vez celbrado o acto de entrega do "Premio IES de Becerreá ...", terán lugar os actos de celebración do fin de curso 2017-18 (a partir das 16:30).