Eventos |
Dirixida ao alumnado de 1º da ESO e organizada polo departamento de Bioloxía, ás 15:40.
Para o alumnado de 3º e 4º da ESO, durante toda a xornada escolar.
Alumnado de 1º e 2º da ESO visitarán Lugo (Museo provincial e paseo literario), na xornada matinal.
Ás 10:00, representación da obra para alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.
Ás 12:00, a obra para 4º da ESO e BAC .
De 15:15 a 16:30, celebrarase o WORLD ORIENTEERING DAY (organizado polo Dpto de EF), para alumnado de 2º, 3º , 4º e profesorado que queira paraticipar voluntariamente.
Actividade para todo o centro a desenvolver na xornada da tarde, no que tamén se fallará e entregará o premio do "Concurso de Tapas" e do "Concurso de Relatos" (1º e 3º da ESO), organizados pola biblioteca e outros departamentos do centro (dpto de Plástica e de Lingua e Literatura Galega).
O alumnado de 4º da ESO acude ao CPI de Cervantes para un torneo escolar de hockey a patíns.
O alumnado de 1º da ESO visita a aula de interpretación da natureza do Courel, incluíndo unha visita a un espazo natural, durante toda a xornada escolar.
Nesta xornada, o alumnado de 4º da ESO realizará unha marcha sendeirista por un tramo da Vía Romana XIX para realizar un traballo de campo, actividade que se desenvolve dentro do proxecto interdisciplinar que se está a realizar no noso centro sobre esta antiga vía de comunicación.
Concerto de fin de curso ofrecido polo alumnado de Música, na xornada da tarde.