Eventos |
Conferencia: "Os apelidos Galegos. Por que nos chamamos así?"
Dirixida ao alumnado de 4º da ESO e cursos de BAC, ás 12:00, dentro do programa de charlas da Universidade de Santiago de Compostela.
Charla dirixida ao alumnado de 2º de Bac para informalos das posibilidades respecto aos estudos universitarios.
Visita do alumnado de 2º da ESO á destilería becerrense "Gota a gota", organizada polo Departamento de Física e Química.
Dirixida ao alumnado de 1º da ESO, pero tamén ao alumnado da materia "Ciencias da Terra" de 2º de BAC, sobre a aguia real.
Conferencia que forma parte do Programa de seguimento fenolóxico na Rede Española de Reservas da Biosfera, promovido polo Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, que se está a levar a cabo en centros educativos das Reservas da Biosfera españolas que solicitan a súa participación no mesmo.
Actividade dirixida ao todo o alumnado do centro, na que se exporá un vídeo interpretado e editado por alumnado de 1º de Bac, e realizarase unha "poxa literaria". Actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Dpto de Lingua Galega.
O alumnado destes dous cursos acude a Lugo para participar no Campionato Escolar Provincial de Orientación na Natureza, durante a xornada matinal do xoves día 1 de marzo. Para esta actividade, o alumnado ten que sair do centro ás 09:10 horas.
O luns 5 de marzo, de 10:50 a 19:30, o alumnado do departamento de Latín e Grego acudirán a Lugo para asistir á Mostra de Teatro Grecolatino deste ano.
O venres 9 de marzo, a primeira hora, o alumnado de 4º da ESO organizará un almorzo saudable para o alumnado de 1º, actividade que se desenvolverá no comedor escolar e na aula deste último grupo (actividade complementaria ao almorzo).
Acto de celebración desta efeméride, a desenvolver durante o lecer e algúns minutos da clase seguinte (12:00) do venres 9 de marzo, na que participa todo o alumnado do centro.