Recomendámosche

Fondolibros 2024/25: Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas

 

Publícase no taboleiro interior do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas especificando os libros de texto concretos que se prestan do fondo solidario. Os libros asignados así coma o vale para adquirir material escolar (cando corresponda) entregaranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a listaxe definitiva ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Lémbrase que as persoas solicitantes poden acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación FondoLibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

 

Libros de texto para o curso 2024/25

Fondo solidario de libros de texto / Axudas para material CURSO 2024-2025

 

No DOG do 20/05/2024 publicouse a orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que regula, para o curso 2024/25:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2023/24 para todos os cursos).

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai do 21 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

 

Teñen toda a información, cos requisitos para ser beneficiarios/as, nos dous arquivos que se achegan e mais na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) onde poden acceder á orde reguladora desta convocatoria.

 

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO 2023-2024

 

 

As clases no IES As Bizocas comezarán o luns 11 de setembro no horario habitual (de 08:35h a 15:00h). Haberá servizo ordinario de transporte escolar.

 

O profesorado titor entregaralle tanto os libros de texto de préstamo coma os vales para a adquisición de material escolar ao alumnado do seu grupo que resultou beneficiario das axudas.

 

Distribuir contido