Consello escolar
COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Tras as últimas eleccións, forman parte do Consello Escolar as seguintes persoas :
Presidenta |
Nieves Peña |
Xefe de estudos |
Isidoro Serantes |
Secretaria |
Silvia Torres |
Representante Concello |
Noemí Outeda |
Representantes docentes
|
Josefa Besteiro Xosé Xavier García Matilde Molina Belén Sola Ana Mª Fernández |
Representante P.A.S |
Mª Estrella Martínez |
Representantes familias
|
Mar Carballal Mª Elena González Paula Janza |
Representantes alumnado
|
Roberto Moreno Noa Novas Ézaro Otero Lylea Silva |
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Enviado por admin o Xov, 10/27/2022 - 11:51
Achégase un documento con información sobre as eleccións ao Consello Escolar.
O 28 de outubro realizarase no instituto o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral, órgano encargado da organización e supervisión deste proceso electoral.
Sorteo xunta electoral para eleccións ao consello escolar
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 20), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 27 de outubro, ás 11:05 horas na Biblioteca.
RESOLUCIÓN CONCESIÓN CAFETERÍA
Reunido o Consello escolar, con carácter extraordinario, o mércores 7 de setembro ás 13h, resolve:
Adxudicar a concesión da explotación do concurso da cafetería do IES As Bizocas a Dona Thais Náñez Rodríguez
CONCURSO PÚBLICO CAFETERÍA
No documento adxunto atoparán as bases do concurso público para a concesión da xestión da cafetería do IES As Bizocas.