Fondolibros 2024/25: Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas

 

Publícase no taboleiro interior do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas especificando os libros de texto concretos que se prestan do fondo solidario. Os libros asignados así coma o vale para adquirir material escolar (cando corresponda) entregaranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a listaxe definitiva ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Lémbrase que as persoas solicitantes poden acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación FondoLibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

 

Libros de texto para o curso 2024/25

Fondolibros/axudas material 2024/25: Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas

 

Publícase no taboleiro interior do instituto a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas do fondo solidario de libros de texto para estudar no IES As Bizocas o curso 2024/25. Prazo de reclamacións: 9 e 10 de xullo.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación FondoLibros (identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital).

Tralo prazo de reclamacións publicarase a listaxe definitiva especificando os libros concretos que se lle prestan ao alumnado beneficiario.

 

Programacións Didácticas curso 2023/2024

Poden consultar as programacións didácticas das diferentes materias para o curso 2023/2024 nos departamentos didácticos (menú da dereita).

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E MATRÍCULA DE HONRA

Tendo como marco a ORDE do 25 de xaneiro de 2022,no IES AS BIZOCAS mantéñense os criterios de promoción, titulación e matrícula de honra alí reflectidos, con algunha modificación. Estas pódense consultar no documento adxunto.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: LISTA DE SOLICITUDES CON DEFICIENCIAS

 

No taboleiro interior do instituto está publicada a relación de solicitudes con deficiencias detectadas para que as persoas solicitantes poidan emendalas e/ou presentar a

documentación preceptiva para a tramitación. Esta listaxe poderá consultarse presencialmente no instituto entre as 09:00h e as 14:00 horas. As persoas afectadas xa

foron informadas.

 

Así mesmo, lémbrase que as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FondoLibros,

empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

Entrega de notas e prazo de matrícula

 

A entrega de notas será o mércores 26 de xuño ás 10:00h. Non haberá transporte escolar.

O alumnado subirá á súa aula e a canda o boletín de notas entregaráselle o sobre de matrícula para o curso que lle corresponda.

 

A formalización da matrícula realizarase no instituto, de 09:00h a 14:00h, os seguintes días:

- Para 4º ESO: xoves 27 de xuño

- Para 3º ESO: venres 28 de xuño

- Para 2º ESO: luns 1 de xullo

- Para 1º ESO: martes 2 de xullo

 

 

 

Datas Exames Finais curso 23/24

Publicánse as datas dos exames de recuperación para cada curso e materia.

Fondo solidario de libros de texto / Axudas para material CURSO 2024-2025

 

No DOG do 20/05/2024 publicouse a orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que regula, para o curso 2024/25:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2023/24 para todos os cursos).

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai do 21 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

 

Teñen toda a información, cos requisitos para ser beneficiarios/as, nos dous arquivos que se achegan e mais na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) onde poden acceder á orde reguladora desta convocatoria.

 

Distribuir contido