Curso 18-19

Que luxo ter un grupo de música tradicional como o que nos amenizou durante a celebración do magosto. Dani, Nico, Raul, André e Susana. Moi agradecidos. E tamén a todos os que lle botaron uns bailes.

Ademais os rapaces de Normalización foron monitores dos xogos populares. Grazas á súa organización e traballo puidemos gozar destes brinquedos artesanais durante o magosto. Grazas a Marga por coordinar este evento.

Agradecerlle tamén aos mozos-as de 1º Bach A pola colaboración para preparar e asar as castañas. E por suposto a Henrique sen o cal non poderiamos comer estes froitos de outono.

 

 

Velaí algunhas fotos dos arrepiantes debuxos que o alumnado de plástica realizou co gallo do Samaín sobre textos de terror da literatura galega. Un proxecto colaborativo de Luz, Biblio e galego

 

 

 

Expectacular resultado e altisima participación na mostra de cabazas do samaín. Tamén moi boas larpeiradas no concurso de doces. noraboa a todos por participar e aos gañadores polo seu bo traballo. agradecémoslle a Ángeles a súa implicación co alumnado de 1º e 2º ESO. Tamén o Dpto de galego e o EDNL penduraron unha exposición realizada polo seu alumnado sobre o Samaín explicando a orixe e significado dos seus ritos. Grazas a todos pola colaboración.

 

 

 

 

Do 5 ao 18 de outubro tivemos no recibidor a exposición Sen café non hai paraiso, realizada polo alumnado de plástica con luz e na que participou o departamento de galego e a biblioteca con Iria achegando palabras inspiradas nas imaxes realizadas con manchas de café.

 

 

 

XOVES 25/1O FIXEMOS UNHA ANDAINA E UN CONVIVIO EN CHANS DE CELA CON TODO O ALUMNADO DE 1º eso E OS SEUS TITORES E OUTROS MESTRES COMO XORNADA DE BENVIDA AO NOSO INSTI QUE É AGORA TAMÉN O SEU. VELAÍ ALGUNHAS IMAXES DA XORNADA

 

 

Distribuir contido