Curso 18-19

O ciclo A Nosa Cultura celébrase no Concello do 12 ao 22 de Decembro organizado pola Agrupación Cultural Nós. O mércores 12 presentáronse curtas realizadas polo alumnado de Plástica do IES As Barxas: "Ou todos ou ningún" 1936. Fortem e Teño medo ás palabras.

Seguridade e perigos das Redes sociais

Charla para Pais

Os pais de alumnos do IES As Barxas asistiron a unha charla impartida pola Garda Civil sobre seguridade e perigos das redes sociais. A charla enmárcase dentro do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos".

 

Ktorce-18:  Prevención de condutas infractoras

23 de novembro 2018

Como todos os cursos, a Fundación Barrié, en colaboración coa Asociación ARELA, acerca da Lei do Menor (reguladora da responsabilidade penal dos menores) aos nosos alumnos de 2º de ESO para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias que pode supoñer incumprir a lei así como dos seus dereitos e deberes como cidadáns.

Prevención de Infeccións de Transmisión Sexual/VIH

O día 30 de novembro os nosos alumnos de 3º de ESO recibiron unha charla informativa a cargo de Médicos do Mundo sobre prevención de infeccións de transmisión sexual e VIH. A charla encádrase, como outras, dentro do Plan de Acción Titorial.

 

“Se controlas, volves”

23 de outubro 2018

 

Os nosos alumnos de 1º de ESO e Bacharelato participaron na campaña de AESLEME “Se controlas, volves” cuxo obxectivo é transmitir aos mozos que o consumo de alcol e outras drogas é totalmente incompatible coa condución de calquera tipo de vehículo. Un monitor de AESLEME, en cadeira de rodas como consecuencia dun accidente, impartiu senllas sesións formativas de noventa minutos, sobre o efecto do consumo de alcol, drogas e demais substancias adictivas en relación á condución de vehículos.

Distribuir contido