DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

MAGOSTO FOLIADA E XOGOS POPULARES

Que luxo ter un grupo de música tradicional como o que nos amenizou durante a celebración do magosto. Dani, Nico, Raul, André e Susana. Moi agradecidos. E tamén a todos os que lle botaron uns bailes.

Ademais os rapaces de Normalización foron monitores dos xogos populares. Grazas á súa organización e traballo puidemos gozar destes brinquedos artesanais durante o magosto. Grazas a Marga por coordinar este evento.

Agradecerlle tamén aos mozos-as de 1º Bach A pola colaboración para preparar e asar as castañas. E por suposto a Henrique sen o cal non poderiamos comer estes froitos de outono.