No 25N inspirámonos na artista Yayoi Kusama e na súa arte baseada en puntos e realizamos unha instalación artística de puntos violetas cheos de mensaxes e poesía na entrada do IES As Barxas, coa colaboración dos CEIP da GUÍA, Domaio e Reibón, a participación do grupo Incomódxs e rebeldes e tamén do Concelleiro de Mocidade, Dani Costas. Na instalación que inauguramos hoxe pódese ver poesía ilustrada coa técnica do collage realizada polo alumnado de 3° da ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual a cargo da profe Luz Beloso ao redor da obra de Toño Núñez, Yolanda Castaño e Lupe Gómez, ou mensaxes cheas de forza e esperanza dos distintos centros participantes, porque a educación é a única esperanza para derrotar ao machismo.