Estamos felices de anunciar que dous proxectos do noso IES veñen de ser galardoados con sendos Premios da Xuventuda da Deputación de Pontevedra. Trátase do proxecto de Igualdade Incómodxs e rebeldes, a cargo do profesor Denís Vicente, e do videoclip da alumna Ainhoa Mosquera, creado no Obradoiro de Música a cargo do profesor Seso Durán, a través da liña dos Contratos-programa para acadar a liña da excelencia. Non podemos sentir máis orgullo. Parabéns!