Nova ferramenta para a navegación segura nos portátiles do alumnado EDixgal
Esta ferramenta permite filtrar a actividade do portátil do/a alumno/a, evitando accesos non autorizados a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado baseados nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, etc. Estas categorías e listas de sitios bloqueados son amplamente revisados e mantéñense actualizados constantemente coas garantías da Universidade de Toulouse.
Ademais, o funcionamento desta aplicación é independente do tipo de conexión que se estableza para conectarse a Internet, polo que permite a navegación segura do alumnado tanto dentro da rede corporativa do centro, como nas redes domésticas ou a través de dispositivos móbiles.
Achégase o folleto informativo.