Blogues

ESCOLA DE NAIS E PAIS O LUNS 3 DE FEBREIRO

Enviado por Anónimo o Ven, 31/01/2020 - 13:47

O IES As Barxas quere convidar aos pais e nais do centro á charla "Orientación académica e profesional", impartida pola nosa orientadora, Charo Lorenzo, que vai ter lugar o vindeiro luns 3 de febreiro ás 18:30 na biblioteca do centro. Esta actividade forma parte da Escola de Pais e Nais do centro, e ten un gran interese para poder afrontar o futuro académico e profesional  do alumnado. Un saúdo.

EXCURSIÓN A CÁCERES, MÉRIDA, TRUJILLO E SALAMANCA

Enviado por Anónimo o Xov, 30/01/2020 - 13:41

Subimos unhas fotos da excursión da semana pasada a Mérida, Trujillo, Cáceres e Salamanca organizada polo departamento de Latín e Grego para 1° e 2° de Bacharelato. Portáronse marabillosamente e aprenderon moitísimo! Foron acompañados dos profes Beni e Iria.

O pasado luns 13, ás 18:30, o psicólogo Alberto Casqueiro impartiu unha instrutiva e divertida charla para nais e pais, "Desdramatizando a adolescencia". Moitas grazas pola vosa participación!

CHARLA DE SOLEDAD FERNÁNDEZ, DE CHRYSALLIS

Enviado por Anónimo o Xov, 09/01/2020 - 14:10

Comezamos o ano con ganas cunha charla sobre transexualidade para 4º da ESO a cargo de Soledad Fernández, da asociación Chrysallis, que resultou ser moi emotiva e interesante. Foi organizada polo grupo Incómodxs e rebeldes. Aí van algunhas fotos:

VISITAMOS O OCEANOGRÁFICO

Enviado por Anónimo o Lun, 02/12/2019 - 12:15

O pasado venres 29, o noso alumnado de 1º Bacharelato STEM visitou o Oceanográfico de Vigo en compañía dos profes Carlos e José Luís. Aí van algunhas fotos:

Distribuir contido