DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Blogues

Estimadas familias

Enviamos o enlace ao aviso que publicou a Consellería de Educación onte a noite, respecto ás “Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020”.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus.

O centro permanecerá aberto, pero suspéndese a actividade lectiva presencial e todas as actividades complementarias e extraescolares, programas REFÓRZA-T, PRELIN e STEMBACH.

Para dar cumprimento a ditas medidas, o centro enviará ás familias, cada luns, as tarefas semanais a realizar polo alumnado, xunto coas instrucións pertinentes e a  forma de contacto diario co profesorado.

A forma oficial de envío é o ABALAR, Tokapp e a aula virtual, pero  se algunha familia non tivera medios telemáticos, contactaremos con ela para acordar como facerllo chegar.

Ante calquera dúbida ou necesidade de aclaración, podedes seguir en contacto co centro vía telefónica, correo electrónico, ou no propio centro.

Pregamos paciencia e comprensión ante unha situación excepcional para todos.

Grazas e un saúdo

XA ESTAMOS EN LONDRES!

Enviado por Anónimo o Xov, 12/03/2020 - 12:09

Aquí van algunhas fotos do alumnado de 1º de Bacharelato na súa viaxe a Londres, en compañía de Manolo, Loli e Álex.

FOTOS DA VIAXE A LEITARIEGOS

Enviado por Anónimo o Xov, 05/03/2020 - 11:34

Aí van algunhas fotos da viaxe á neve (Leitariegos, Asturias) para 2º da ESO.

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE

Enviado por Anónimo o Mér, 04/03/2020 - 14:28

O concelleiro de Urbanismo de Moaña Odilo Barreiro, acompañado de Yolanda, mestra composteira e encargada do programa de Compostaxe do Concello de Moaña viñéronnos dar unha charla hoxe para o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º BAC. Moitas grazas!

Distribuir contido