Blogues

CHARLA SOBRE EXOPLANETAS

Enviado por Anónimo o Xov, 19/11/2020 - 14:18

Agora mesmo, no I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos organizadas pola Deputación de Pontevedra e impartidas pola catedrática de Astronomía Minia Manteiga Otero, baixo o título "Exoplanetas, o reto da procura da vida máis aló do sistema solar"

TERCEIRA SAÍDA AO BOSQUE!

Enviado por Anónimo o Mér, 18/11/2020 - 10:41

E xa van tres grupos de rapaces/as buscando indicios da fauna salvaxe nos montes de Moaña! O Bosque Animado

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON INSTRUMENTOS RECICLADOS

Enviado por Anónimo o Xov, 12/11/2020 - 13:34

O departamento de Música organiza un obradoiro de percusión con instrumentos reciclados para 3º ESO impartido polo profesor Didier Díaz. Aí van algunhas fotiños!

CHARLA E COLOQUIO SOBRE ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Enviado por Anónimo o Xov, 12/11/2020 - 13:17

Hoxe, na charla de Incómodxs e rebeldes sobre estereotipos de xénero impartida por Anna R. Figueiredo, organizada polo grupo Incómodxs e rebeldes.

VÍDEO DE HOMENAXE DO ALUMNADO A XOSÉ MANUEL MILLÁN

Enviado por Anónimo o Mar, 10/11/2020 - 12:27

O pasado venres 30, tras coñecer a noticia do falecemento do seu profesor Xosé Manuel Millán, o noso alumnado organizouse a través das redes e, por iniciativa propia, decidiu vir de loito ás clases. Días máis tarde, algúns rapaces/as quixeron participar nesta humilde homenaxe ao que foi seu profesor. Ata sempre, Millán.
 
Distribuir contido