Os clásicos están máis vivos ca nunca e a Tui fórono demostrar os nosos alumnos/as de Latín e Grego para ver as fantásticas interpretacións de @noitebohemia organizadas pola @seecgalicia. Marabillosas as obras _Medea_, de Eurípides e o _Miles Gloriosus_, de Plauto! @sosclasicas
Subimos unhas fotos da excursión da semana pasada a Mérida, Trujillo, Cáceres e Salamanca organizada polo departamento de Latín e Grego para 1° e 2° de Bacharelato. Portáronse marabillosamente e aprenderon moitísimo! Foron acompañados dos profes Beni e Iria.