Skip to Content

STEMbach

Stembach

STEMbach

Que é? 

 Programa educativo que comprende 1º e 2º de bacharelato e busca fomentar o gusto pola investigación, aplicada a calquera materia do bacharelato.

Organización 

 O alumnado cursará 1 materia de afondamento, impartida por profesorado do centro que terá carácter interdisciplinar (2 sesións unha tarde á semana)

Tamén realizarán actividades de formación complementarias en colaboración coa universidade (conferencias, prácticas, obradoiros…) (12 horas en 1º e 8 horas en 2º)

 

 Requisitos

 Matricularse en 1º de bacharelato en calquera das modalidades (Ciencias e Tecnoloxía ou Humanidades e Ciencias Sociais)

Proxecto de investigación científica

Realizará un proxecto de investigación (individualmente ou en grupo) relacionado con calquera materia do bacharelato.

Estará guiado por unha persoa da universidade e por unha persoa titora do centro.

Deberá/n presentalo de maneira oral en 2º de bacharelato.  *Ver modelo de rúbrica

Inscrición

 Ofértanse 15 prazas. Formalizar a inscrición no momento da matrícula.

Recoñecemento

Coa avaliación positiva do proxecto de investigación recibirá unha certificación no historial académico.

Ademais de participar nunha experiencia de formación moi enriquecedora.

Máis información

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40671

  

RELACIÓN DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN 2023-2025

  • Características e vida media dos muóns que chegan á superficie terrestre. Facultade de Física (USC)
  • O cubo de Rubik. Facultade de Matemáticas (USC)
  • Tratamento dixital da lingua e as súas aplicacións. Facultade de Filoloxía (USC)
  • Impacto económico da dixitalización mediante o uso de intelixencia artificial. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (UVigo)
  • Comparación da flora non vascular nunha plantación de Eucaliptus spp. nun bosque mixto con árbores autóctonas.
Distribuir contido


by Dr. Radut