E-dixgal é unha plataforma de aprendizaxe virtual que forma parte do proxecto Abalar. Enténdese como unha iniciativa para transformar a aula tradicional nun aula dixital coa implicación de toda a comunidade educativa: pais, nais titores/as legais, docentes e alumnado. Para conseguilo proporcionáronselle ao Centro dos seguintes recursos:
-
O equipamento e a conectividade
-
Contidos dixitais
-
Accións de formación e difusión para docentes e familias
-
Canles de participación a través de espazos web e apps para docentes e familias.
Materias que se imparten en EDIXGAL
O proxecto E-dixgal está implantado no Centro en toda a ESO. Nestes cursos impártense todas as materias dentro do marco de Edixgal.
Folleto informativo |
Dúbidas Frecuentes |
Seguimento da actividade do/a teu/túa fillo/a |
Seguro portátiles |