abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
A descarga desta aplicación faise desde Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou desde GooglePlay Store (se o sistema operativo é Android).
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
Acceder aos datos persoais.
Consultar as cualificacións.
Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
Consultar as faltas de conduta.
Solicitar unha cita de titoría.
Consultar os datos do centro educativo.
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as incidencias creadas polo profesorado.
Modificar o idioma da aplicación.
Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
Máis información: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil