Abalar pon á túa disposición diferentes canles online, a través do portal “espazoabalar” e da aplicación móbil “abalarMóbil” para que poidas seguir a actividade educativa do teu/túa fillo/a e contactar co seu equipo docente.
-
espazoAbalar
No espazo “familias” do Portal espazo Abalar https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
podes consultar toda a información académica do/a teu/túa fillo/a.
-
App abalarMóbil
Ademais da web, o proxecto Abalar ofréceche a opción de seguir a actividade educativa do/a teu/túa fillo/a desde calquera lugar e en calquera momento desde o teu móbil ou tableta coa app abalarMobil.
Pódela descargar dende o Apple Store (para IOS) ou dende o Play Store (para Android).
Tamén hai unha guía de emprego que podes consultar aquí.