Visita a Sotavento

O alumnado de 4ºESO visitou o parque eólico de Sotavento. 

Nesta visita tiveron a oportunidade de ver por dentro un aeroxerador, unha casa bioclimática, realizar unha montaxe cunha placa solar e para rematar tomar un chocolate quente empregando unha cociña solar. 

Unha visita moi interesante organizada pola profesora Josefa Gamarra.