O IESP DE AMES PARTICIPA NO PROXECTO ETWINNING “WE LOVE OUR ENVIRONMENT” CON CENTROS DE CANTABRIA , TÚNEZ E XORDANIA.
O IESP DE AMES PARTICIPA NO PROXECTO ETWINNING “WE LOVE OUR ENVIRONMENT” CON CENTROS DE CANTABRIA , TÚNEZ E XORDANIA.
O IESP de Ames participa no Proxecto Etwinning “We love our Environment” como socio en lingua española co IESP de Cantabria (Santander) e o Lycée Grombalia de Túnez. É un proxecto que se encadra no eixo de “Sostibilidade “ dentro do proxecto “Redes de cooperación para o traballo e os Dereitos Humanos III” que forma parte da liña de proxecto internacionais do PFPP do IESP de Ames.
Neste proxecto Etwinning grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.
Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxexto).
Unha boa experiencia para internacionalizar o centro!