Participación en Reimagina la Ciencia

O alumnado de cultura científica de 4ºESO está a participar no programa Reimagina la Ciencia Galicia organizado por Big Van Ciencia.

O pasado 4 de maio asistiron a un espectáculo de monólogos científicos e posteriormente levarán a cabo na aula a creación das súas propias pezas artísticas audiovisuais falando de ensaios clínicos.