Visita ao CESGA 2024
O pasado venres 12 de abril tres estudantes de 2º de bacharelato tiveron a sorte de participar nunha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Aprenderon sobre as diferenzas entre computación cuántica e clásica e os tipos de ordenadores cuánticos que traballan os distintintos centros de investigación e compañías.
Ademais puideron visitar a instalación so supercomputador FINISTERRAE e o ordenador cuántico que ten o CESGA, o QMIO.
Foi unha boa xornada que fixo que o madrugón para o autobús pagase a pena.
Xa agardando para a próxima, na que ogallá poda acudir máis alumnado!